A Biblioteca Municipal de Celanova sumouse á celebración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” cunha sesión de Conta Contos
Hoxe, mércores, aproveitando as xornadas de vacacións previas ós días festivos da Semana Santa, a biblioteca municipal de Celanova, que mantén a súa actividade no Auditorio Municipal Ilduara (AMIC), acolleu unha xornada de animación á lectura, co gallo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, cunha animada sesión de conta contos que se desenvolveu na propio espazo da biblioteca.
A actividade está enmarcada dentro do programa da Consellería de Cultura, “Ler conta moito” e foi protagonizada por animadores da Asociación Cultural Cucarandainas, que representaron varias historias dentro dun programa titulado "Contos de peto". A sesión tivo lugar ás 18,00 horas de hoxe.