Crear PDF Recomendar Imprimir

Sábado de piñata 2015 en Celanova

  • Lugar
    Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

sabadopinhata2015cartelO vindeiro día 21 de febreiro terá lugar o Sábado de Piñata 2015, e como todos os anos o Concello de Celanova convoca o Concurso de comparsas.

BASES DESFILE CARROZAS E COMPARSAS ENTROIDO 2015

O vindeiro día 21 de febreiro terá lugar o Sábado de Piñata 2015, e como todos os anos o Concello de Celanova convoca o Concurso de comparsas.

BASES

1º)A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociación de veciños, culturais, grupos, colexios, etc. As dúbidas serán resoltas no enderezo electrónico: celanovacarnaval@hotmail.com

       Establécense catro modalidades:

                     Modalidade A: comparsas (máis de 15 persoas)

                     Modalidade B: grupos (15 persoas ou menos)

                     Modalidade C: parellas/tríos (2 ou 3 persoas)

planopinhata2015                     Modalidade D: individual

2º) As inscricións presentaranse na oficina de turismo do Concello de Celanova en horario de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h , no teléfono da oficina  988 43 22 01 ou no enderezo electrónico celanovacarnaval@hotmail.com. O prazo de inscrición rematará o venres día 20 ás 14.00 h. Todas aquelas solicitudes presentadas fora deste prazo non poderán optar ao premio por participación.

O Concello, por motivos de seguridade e de organización, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o prazo de inscrición.

3º)Os participantes no desfile comprométense a responsabilizarse das acción ou omisións que se produzan durante o mesmo, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade por ditos actos.

     4º)Os participantes que leven carrozas, remolques ou calquer tipo de vehículos serán responsables dos mesmos e das autorizacións que se lle puidesen requirir ó seu efecto, sendo responsables á súa vez da seguridade dos mesmos. Nos camións colocar “faldóns ríxidos” nas rodas a fin de evitar que ningunha persoa (sobre todo nenos/as) poidan meterse baixo as rodas.

Os participantes veranse obrigados a comunicar as medidas da súa carrozaou remolque á organizaciónno momento da inscrición co fin de adoptar as oportunas medidas de seguridade.Todos os participantes do desfile adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.

 

   5º)A organización resérvase o dereito de participación de Comparsas, Grupos ou Individuais, podendo en calquera momento variar estas bases por razóns de seguridade ou interese xeral, excluíndo no momento ós que poñan en perigo a seguridade propia ou a de terceiros.

6º)Para optar ós premios é obrigatorio completar todo o percorrido con un 90% do número total de participantes anotados inicialmente ata a súa finalización. O percorrido será o seguinte:

Comezo na Pedra da Moa (iranse colocando nesta rúa seguindo a orde que lles proporcionará a organización), Avda. López Blanco, rúa Emilia Pardo Bazán, Praza Maior, rúa Fernández Losada,rúa Encarnación, Avda. San Rosendo, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Emilia Pardo Bazán e remate na Praza Maior.

Os participantes deben estar no lugar asignado pola organización entre as 15.30h e 16.00h para proceder a súa colocación e comezar de en hora o desfile.

7º) A orde de desfile das comparsas seralle comunicado o día do desfile ás 12.00 h. e entregaráselles o número correspondente cando cheguen ó desfile. Así mesmo, e co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente, o persoal de organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto de orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso (animais de todo tipo, petardos, bengalas,...).

 

8º) Cada comparsa terá un distintivo co seu nome, número de orde, na parte frontal da súa carroza.  

9º) Queda prohibido o uso de petardos, esprais ou lanzamento de obxectos perigosos ao público, quedando excluídos do concurso os que incumpran este punto.

10º) As carrozas e comparsas poderán levar unha velocidade lenta para amosar o seu traballo,non podendo deterse no percorrido, salvo causa maior xustificada.

11º) Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de animal solto na comparsa, quedando a organización capacitada para tomar calquer tipo de decisión sobre este aspecto por motivos de seguridade.

12º)O concurso de comparsas e grupos basearase nun sistema de votacións no que cada un dos membros do xurado(composto por membros das diferentes asociacións culturais do Concello de Celanova, representantes do Concello, da Mancomunidade e membros da organización) otorgue 10 puntos do 1 ó 10, sendo 1 a máis baixa e 10 a máis alta, ás comparsas/grupos que segundo o seu xuízo, sexan merecedoras de premio. Ó final de dita votación, os membros da organización procederán ó reconto de votos acadando así o primeiro premio á comparsa/grupo que máis votos reciba, o segundo premio á segunda máis votada e así sucesivamente ata a entrega de tódolos premios.O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal da organización, que irá debidamente identificado.

     13º) PREMIOS Á PARTICIPACIÓN :

Para que o premio poida facerse efectivo, é necesario que o representante da comparsa presente xunto coa solicitude o C.I.F. e número de conta da comparsa, así como a fotocopia do D.N.I. do representante e o nome da Asociación Cultural.Para os que resulten gañadores é imprescindible, para poder recoller o premio, que se presente o Certificado de Conta da asociación nun prazo máximo de dez días despois do desfile.

No caso de comparsas non constituídas como Asociación cultural, na solicitude autorizarán ao cobro por parte da persoa que designen responsable. Para que o premio poida facerse efectivo, é necesario que o representante da comparsa presente o seu DNI e un número de conta do que sexa titular nun prazo máximo de dez días despois do desfile, no Concello de Celanova. (IMPORTANTE)

Establécense os seguintes premios por participación:

MODALIDADE A

1º premio 1000€

2º premio 500€ (este premio será doado pola Mancomunidade de Celanova)

3º premio 250€

4º premio 150€

PREMIOS ACCÉSIT (estos premios serán abonados pola Comisión de Festas de Celanova).

1º premio accésit 150€

2º premio accésit 100€

3º premio accésit  50€

*Os accésits refírense as comparsas locais do concello de Celanova (como mínimo integraranse polo 50% de persoas do concello de Celanova).

 

Os premios desta modalidade non poderán ser acumulativos, non podendo levar ningunha comparsa máis dun premio.

 

MODALIDADE B                           MODALIDADE C                   MODALIDADE D

1º premio 300€                             1º premio 120€                     1º premio 50€

2º premio 200€                             2º premio 80€

3º premio 100€                             3º premio 50€

Será obrigatorio subir a recoller o premio disfrazado, para amosar así o traballo realizado.

     14º) Ós premios superiores a 300 euros procederase á retención do IRPF de acordo co establecido na lei 35/2006 do 28 de Novembro do IRPF e o RD 439/2007, do 30 de Marzo, do Regulamento do Imposto.

15 º) O feito de participar supón a plena aceptación das presentes bases. O incumprimento de ditas cláusulas dará lugar á falta de pagamento de compensacións comprendidas no artigo 13º.

16º) As decisións do xurado son inapelables, atendendo en todo momento calquer tipo de reclamación ó efecto de participación con opción a premio.

 

 

     A ORGANIZACIÓN                                      O RESPONSABLE DO GRUPO

 

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo