Sarabela representou hoxe domingo o seu novo espectáculo infantil "O Último Dragón” no Auditorio Ilduara De Celanova
“O último dragón”, a última producción realizada integramente pola compañía teatral ourensá, SARABELA, segundo destacou a súa directora, Fina Calleja, foi estreada hoxe no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova en representación única.
Fina Calleja destacou que na búsqueda de textos para poder transformar en representacións escénicas, para todo o grupo fora un descubrimento a autora inglesa Edith Nesbit, así como o galés Kenneth Grahame, os cales serviron de inspiración para esta obra que pretende ofrecer unha reflexión sobre moitos aspectos sociais deste noso país, aínda que transformados nunha linguaxe que non é só acaída para o público infantil, senón para o público familiar, público ó que unha vez máis desexan dirixir esta obra.