Imprimir

Posta en marcha de asesoramento sobre actuacións de rehabilitación

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

vilanova infantes rehabilitacionO Concello de Celanova pon en marcha un programa de “Asesoramento ós particulares sobre actuacións de rehabilitación incluídas no ámbito da área de reahabilitación integral de Celanova e Vilanova dos Infantes e tramitación de axudas á rehabilitación

Ó mesmo tempo unifica a oficina técnica de arquitectura nun só departamento no que traballarán o arquitecto municipal e a arquitecta técnica da área de rehabilitación integral de Celanova e Vilanova.

Dende esta mesma semana todo o servizo de arquitectura e de asesoramento a particulares sobre actuacións de rehabilitación incluídas no ámbito da área de rehabilitación integral de Celanova e Vilanova dos Infantes cos que conta o Concello de Celanova e que ata o de agora viñan funcionado como dous departamentos estancos, comenzará a ofrecer os seus servizos nun só departamento que está situado nos baixos da Casa do Concello.

Este departamento está atendido polo arquitecto municipal, unha arquitecta técnica e unha auxiliar administrativo que realizará os labores administrativos para todo canto teña que ver co servizo de arquitectura municipal, estea ou non estea situado no ámbito das zonas de protección patrimonial ou tanto dentro como fóra do casco urbano.