O Concello de Celanova pon a disposición dos empresarios a Aula Cemit para a organización de teleconferencias, xornadas informativas, ...
O Concello de Celanova remitiu unha carta informativa a aqueles empresarios cuxos negocios son susceptibles de manter habituais contactos comerciais co exterior, poñendo á súa disposición a Aula Cemit (Centro de información tecnolóxica), que está dotada dun completo equipamento informático habilitado, tanto para a formación no ámbito das novas tecnoloxías, como para a realización de teleconferencias, etc.
A aula conta con todas as instalación e equipos necesarios para o seu pleno uso e disfrute, así como un fácil,cómodo e gratuíto acceso. Posúe 13 ordenadores coa última tecnoloxía, acceso para as persoas con discapacidade, acceso a Internet, asesoramente personalizado por parte do Axente TIC, sistema de videoconferencia e videocolaboración, cursos de formación en Alfabetización Dixital presenciais e online, seminarios…….
-
Recursos asociados