Crear PDF Recomendar Imprimir

Davide Salvado inicia o programa de Concertos da "Rede de Músicas Soltas" no Auditorio de Celanova

  • Lugar
    Auditorio Municipal Ilduara Celanova (AMIC)
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Sábado, 27 de abril ás 20.00 horas
  • Gústame

Cartel RMS Celanova pPresentación do Ciclo de Concertos "Rede de Músicas Soltas"

  • Despois dun importante esforzo de inversión por un importe de máis de 130 mil euros por parte da Deputación provincial, que fixo posible rematar o equipamento escénico do Auditorio Municipal Ilduara (AMIC, que é como lle queremos chamar) e acondicionalo para poder programar, con luz e son, sen necesidade de ter que alugar equipos en cada actuación, queriamos reiniciar a actividade da sala co fin de consolidar unha oferta escénica estable.
  • Dende a Central Folque presentáronnos esta posibilidade e consideramos que era o momento de enfrontarnos ó reto de programar actividades escénicas sen ningún apoio financeiro máis có do propio Concello, a Fundación Curros Enríquez e todos aqueles espectadores que decidan acehgarse ó Auditorio a asistir ós eventos que temos programado.
  • Son tempos complicados, é certo. A Administración en xeral carece de recursos, e a adminstració local máis, tamén é certo. Pero os equipamentos témolos aí e non podemos pechar as portas despois de ter feito investimentos tan importantes como, por exemplo o do noso Auditorio. Se a iso lle sumamos que os grupos musicais, as compañías teatrais tamén queren traballar, a pesar da crise, e que todos nós como consumidores de cultura tamén estamos desexando asistir a algúns espectáculos para reconfortarnos de tantas malas noticias. Entón resulta obrigado que busquemos fórmulas para poder continuar facendo camiño por esa complicada xeira da cultura.
  • presentacion musicas soltas 2Este programa de concertos forma parte da Rede de Músicas Soltas que ven promovendo a Central Folque por toda Galicia e o Auditorio de Celanova será o único espazo da provicia de Ourense que acolla durante este ano a Rede e trátase dunha aposta firme pola xestión directa dos espazos públicos. Con este programa, o Concello de Celanova quere darlle inicio a unha programación estable ó AMIC co fin de redabilizar os excelentes equipamentos culturais cos que actualmente conta o Concello e converter a Celanova nun lugar de vangarda para o ocio e difusión da cultura.
  • Como dixen ó principio, os concertos terán lugar no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova e que darán comezo o próximo sábado, 27 de abril, coa actuación do músico galego Davide Salvado e Najla Shami.
  • Logo terán continuidade os días 1 de xuño, 29 de xuño, 28 de setembro, 26 de outubro e 30 de novembro
  • A apertura da Rede coincidirá, ademais, coa celebración do “Día dos Ovos Cocidos” que por primeira vez se celebrará en Celanova coa intención de poder consolidar unha festa gastronómica no futuro. A “Festa dos Ovos Cocidos” celebrábase na parroquia da Gandarela coincidindo coa festa relixiosa do San Marcos e dado que dende hai moitos anos non se celebra, pensamos que a podiamos trasladar á vila e así animar ós comerciantes e explorar tamén novas campañas publicitarias que promovan que a xente teña unha razón para visitarnos.
  • Por esta razón tamén propoñemos o itinerario turístico “Celanova, Pedra e Poesía”, que se está coordinando dende a Fundación Curros Enríquez e que propón para os sábados pola tarde un percorrido de algo máis de dúas horas de duración seguindo os versos dos nosos máis destacados poetas, percorrido guiado polas distintas dependencias do Mosteiro e rematando coa subida á torre das campás dende onde se pode cotemplar unha magnífica panorámica do mosteiro, da vila e de todo o val do Sorga, sobre o que se asenta históricamente a vila de Celanova.
  • En resumo, o próximo sábado, calquera ourensán que estea pensando a onde ir, nós ofrecémoslle un día completo. Poderá realizar unha visita guiada da que non se arrepentirá porque verá unha Celanova diferente á que posiblemente coñece. Poderá disfrutar coa posta en escena musical de Davide Salvado e Najla Shami, poderá facer unha sesión de tapeo polos bares da vila e gozar dos distintos preparados de ovos cocidos que os nosos restauradores crearán e finalmente poderá dar uns pasos de baile na praza Maior, acompañados do son de dúas orquestras tan coñecidas como Gran Atlanta e Passarela.
  • Eu, sinceramente, estou seguro de que para un sábado de primavera, esta fin de semana non atoparán oferta mellor

José Luís Ferro Iglesias
Alcalde de Celanova

presentacion musicas soltas 4presentacion musicas soltas 5presentacion musicas soltas 3 presentacion musicas soltas 1

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo