Festa dos ovos cocidos o vindeiro 26 e 27 de abril
O día 25 de abril os veciños de Celanova e da contorna acostumamos a relaciónalo coa celebración da festa do San Marcos no lugar da Gandarela e consecuentemente coa tradición de achegármonos ata o campo da festa de San Xulián para, ademais de escoitar os acordes da Banda de Municipal ou de calquera grupo musical, ir tomar un viño e comer os ovos cocidos.
Non se sabe ben cal foi a orixe deste costume gastronómico, pero o caso é que a tradición de comer os ovos cocidos polo San Marcos foi pasando de pais a fillos, abrindo así o ciclo festivo do verán de todo o concello que se irá distribuíndo polas distintas parroquias ata chegar ós días do San Cibrán de Acebedo.
Perdida a festa do San Marcos, pero non o costume de comer os saborosos ovos cocidos, cremos que é bo momento para, co fin de conservar esa tradición nacida na Gandarela, trasladala ó pobo de Celanova dedicándolle un día para que os negocios de hostelería (restaurante, mesóns, bares e cafeterías) poñan os ovos cocidos como prato do día e fagan tapas ou pinchos con este producto tan propio da nosa gastronomía como producto central co fin de conseguir un verdadeiro día de festa, agora que o corpo nos pide despreguizarnos un pouco despois de tantos meses de letargo invernal.
Por todo elo, dende o Concello de Celanova e a Asociación de Comerciantes animamos a tódolos negocios de hostelería e que colaboren nesta celebración, implicándose coa elaboración de tapas e pinchos de ovos cocidos para agasallaren ós seus clientes.
Coincidindo con esta proposta gastronómica, a empresa de espectáculos SOLRAC de Celanova promoveu a actuación das orquestras GRAN ATLANTA E PASSARELA, así como do Trío GALICIA e a charanga BCB, que axudarán a animar musicalmente as dúas xornadas.
PROGRAMA
- Venres, 26 - VÉSPERA
- 22,00: Festa de presentación das orquestras
- GRAN ATLANTA
- PASSARELA
- Na Praza Maior
- 22,00: Festa de presentación das orquestras
- Sábado, 27 – DÍA DOS OVOS COCIDOS
- Concurso de pinchos
- Pincho mellor adornado
- Pincho máis saboroso
- Local máis animado
- 20,00: Concerto da Rede de músicas soltas
- DAVIDE SALVADO (Entrada: 5 €)
- No Auditorio Municipal Ilduara (AMIC)
- Concurso de pinchos
- 22,00: Festa de presentación dos grupos
- TRÍO GALICIA
- CHARANGA BCB – Celanova
- Na Praza Maior
ORGANIZAN
- Concello de Celanova
- Fundación Curros Enríquez
- Central Folque
- Espectáculos Solrac
- ACEP Vila de Celanova
-
Recursos asociados