Crear PDF Recomendar Imprimir

O Concello de Celanova non se negou a pagar as débedas polos servizos de altega, logo do “allanamento” no Xulgado

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

A día de hoxe no rexistro municipal non consta ningunha notificación de pagamento e no momento en que lle sexa notificado o auto procederá ó seu aboamento, tal como asumiu no momento do “allanamento” xudicial.

Celanova, 01/04/2013

Para coñecemento da opinión pública en xeral e do pobo de Celanova moi en particular, o Concello de Celanova quere saír ó paso dunha nota informativa emitida esta mañá (cunha alta dose de tendenciosidade e unha lectura especialmente sesgada da realidade, todo xesa dito de paso), pola empresa de xestión do lecer, Altega, e por medio da cal pretende dar a entender que o Concello de Celanova está a piques de ser embargado polo Xulgado desta localidade por mor dunha débeda que este Concello ten coa devandita empresa e que non se negou a pagar dende o momento en que decidiu o “allanamento” xudicial previsto na lexislacion vixente.

En primeiro lugar a opinión pública debe saber que o feito de que o Concello de Celanova se negase a facerlle fronte ás facturas denunciadas pola empresa Altega relativas ó ano 2008, non foi por capricho do anterior alcalde nin de ningún responsable técnico do Concello, senón porque, con motivo dos traballos realizados por Altega no Albergue Municipal foron detectadas unha serie de incumprimentos e irregularidades relacionadas co servizo, tales como a desaparición de equipamento das habitacións do propio albergue ou a xeración dalgunha débeda con proveedores  que non foi debidamente saldada pola empresa e que aconsellaron naquel momento a retención das facturas co fin de poder garantir o cumprimento dos compromisos contraídos e a reposición do material desaparecido.

Por outra banda, tampouco e certo que o Concello de Celanova estea a piques de ser embargado por esta débeda, senón que, tal e cono reflicte a documentación xudicial enviada por Altega ós medios de comunicación, con data 15 de marzo –é dicir, hai tan só dúas semanas- o Xulgado de Celanova emmitiu un auto de execución do pagamento que por distintas causas aínda, a data de hoxe, non tivo entrada no rexistro municipal e polo tanto resulta completamente imposible que nese prazo de tempo poida ter sido saldada a débeda contraída.

Así mesmo, tamén é de suliñar que a débeda recoñecida non é de 4.500 euros, como indica Altega, senón de 3.574,9 euros, prevendo a titular do xulgado “1.072 euros” a maiores, fixados “provisionalmente en concepto de que, en su caso, puedan devengarse durante la ejecución y las costas, sin perjuicio de su posterior liquidación”.

Dende o Concello de Celanova quérese facer saber, polo tanto, que nin existe ameaza de embargo nin nada que se lle pareza, e ó mesmo tempo, para todo aquel que queira sabelo, tamén desexa lembrar os problemas xudiciais que o Concello de San Xoán de Río tivo con esta empresa debido á xestión do albergue daquel Concello, co fin de que saquen as conclusións pertinentes e pensen que, se unha mesma empresa acaba tendo problemas con Concellos diferentes, se cadra, alguna responsabilidade haberá tamén na devandida empresa.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo