Crear PDF Recomendar Imprimir

Iniciativa Tomando as Rendas

  • Lugar
    Aula Cemit do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

portada_tripticoO próximo 14 de Xuño ponse en marcha iniciativa “Tomando as rendas”, sobre o fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.

As actividades que se levarán a cabo teñen 3 partes ben diferenciadas:

  • Motivación ao emprendemento e maduración de ideas empresariais por parte das usuarias
  • Capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuario
  • Formación en “Plan de Empresa”: a través de 5 talleres en modalidade online que se poñen a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (www.tomandolasriendas.es)

A primeira parte en Celanova terá lugar o día 29 de xuño ás 16.00 horas e consistirá nunha videoconferencia levada a cabo dende Santiago, e na que participarán, ademais de Celanova, outras aulas da xeografía galega.

Para tomar parte nesta iniciativa as persoas interesadas deberán dirixirse á Aula Cemit do Concello de Celanova, sita no Parque das Triguerizas s/n, ou pedir máis información en cemit.celanova@xunta.es, 988 431 604, 988 431 481.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo