Crear PDF Recomendar Imprimir

Convenio de préstamo en réxime de comodato, da colección de obras artísticas sobre “Rudesindus”, outorgado por José Antonio Ocaña Martínez a favor do Concello de Celanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

campanarioDurante os meses de agosto a novembro de 2007, no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova, tivo lugar unha exposición coincidente cos actos conmemorativos do MC aniversario do nacimiento de San Rosendo, titulada “Rudesindus, el milenio recobrado”, con pinturas, debuxos, esculturas e unha gran instalación das que é autor e propietario o artista José Antonio Ocaña Martínez.

Esta exposición foi cofinanciada pola Deputación de Ourense e polo Concello de Celanova, sendo montada inicialmente no Centro Cultural da Deputación e posteriormente en Celanova e desde a súa clausura ata o día de hoxe, as obras permaneceron depositadas en dependencias do Claustro Barroco baixo a custodia do Concello.

O Concello de Celanova, na Xunta de Goberno de 20 de febreiro de 2012, co fin de expresar a súa vontade para continuar dignificando la memoria do fundador desta vila, San Rosendo, e co obxecto de crear o embrión dun futuro museo no edificio, proxecto xa preconizado no seu momento por Ángel Martínez Vázquez “Anxo” (Ourense, 1928-1993), quien fora nomeado fillo adoptivo da localidade en 1980 e que foi, sen dúbida, o instigador desta exposición, acordou continuar coa custodia de gran parte das obras que figuraron naquela exposición ás que se poderán incorporar outras realizadas por Ocaña Martínez sobre a temática de “Rudesindus”, co fin de que permanezan expostas na Torre das Campás do Mosteiro de Celanova que está sendo restaurada na actualidade, mantendo aberta a opción para que as obras poidan seren adquiridas no futuro co obxecto de incorporalas ó Patrimonio do Concello e ó desexado futuro museo.

Son varios os acordos levados a cabo, tal como as pezas obxecto de empréstito, a posibilidade de cambialas, a duración do préstamo, ou a posibilidade de incorporar estas pezas ao patrimonio municipal.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo