Crear PDF Recomendar Imprimir

130 alumnos de tres centros escolares danlle inicio aos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova

  • Lugar
    Coro Alto da Igrexa do Mosteiro de San Salvador
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    17 de abril a partires das 11.00 horas
  • Gústame

O DIRECTOR XERAL DE AGADIC, JUAN CARLOS FERNÁNDEZ FASERO ASISTIRÁ A APERTURA DO CICLO
Mañá, martes día 17 de abril ás 11.00 horas terá lugar a primeira xornada de Concertos didácticos de órgano no Coro Alto da Igrexa do Mosteiro de San Rosendo.

Por terceiro ano consecutivo, nesta ocasión contando co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o Concello de Celanova dálle inicio ó programa de Concertos Didácticos de Órgano que se celebrarán ata o próximo mes de xuño e nos que participan alumnos de música de moi diversos institutos e centros escolares de toda Galicia.

Mañá terá lugar a primeira sesión, con tres concertos didácticos impartidos pola profesora de órgano do Conservatorio de Ourense, Marisol Mendive e contarán coa presencia de 40 alumnos do IES “Cidade de Antioquía” de Xinzo de Limia, 50 alumnos do IES “Escolas Proval” de Nigrán (Pontevedra) e outros 40 do CPR “Divina Pastora” do Barco de Valdeorras.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo