Feira do Libro de Celanova 23 de maio de 2019 – Praza Maior
Horario: 10 – 20:30:
Durante toda a xornada estará disposta unha urna para que aquelas persoas que desexen achegar nomes de alcumes tradicionais da historia de Celanova, depositen nela os alcumes que consideren. Ó final da xornada os colaboradores participarán nun sorteo de tres cadros do trisquel de Castromao e outros tantos xogos do xadrez de chocolate de San Rosendo e outros tres lotes de libros sobre Celanova
10.30: Animación á lectura (Colexio Sagrado Corazón)
11.00: Animación á lectura (libre)
12.00: Pregón de apertura da Feira a cargo de José Benito Reza
12.30: Actuación Grupo de gaitas de Celanova
13.00: Lectura conxunta do poema “Aí ven o maio” a cargo do alumnado do CPR Pablo VI da Rúa e do IES Indalecio P. Tizón, de Tui, que visitan Celanova para participar no programa de Concertos didácticos de órgano
16.00: Charla: Outras formas de lectura, a cargo da directora da Aula CEMIT de Celanova
17.30: Espectáculo infantil. A música da auga, por Servando Barreiro
18.30: Concerto do Conservatorio de Ourense
19.30: Tertulia sobre os Alcumes de Celanova e Vilanova
20.15: Presentación do catálogo da exposición de Baldomero Moreiras, “O eco das amazonas” Actividade de pintura artística e Performance na Praza Maior interpretando unha obra do propio Baldomero Moreiras dedicada á bióloga marina americana Rachel Carson, co fin de concienciar á Xuventude da necesidade de conservación dos océanos.
20.30: Sorteo dos premios entre as persoas que colaboraron achegando alcumes á urna