Crear PDF Recomendar Imprimir

Actividade "Rapaciñ@s: A tecnoloxía ben segura" e "Obradoiro de Robótica"

  • Lugar
    Aula Cemit do Concello de Celanova e Salón dos Arcos
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Sábado 28 de outubro de 2017 de 10.00-14.00 horas
  • Gústame

2017 10 rapacinhos cEste vindeiro sábado día 28 terá lugar no Concello de Celanova, a través da súa aula Cemit en colaboración co CPEIG e maila Amtega un obradoiro de robótica e un faladoiro de Rapacinh@s.

“Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura” é unha iniciativa impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Ten por obxectivo que nais, pais e docentes accedan a información e recursos educativos de interese para que poidan acompañar acaidamente a incorporación ás novas tecnoloxías dos seus fillos, fillas ou estudantes.
Asemade, Rapaciñ@s desenvolve actuacións orientadas especificamente a nenas e nenos de todas as idades para que adquiran hábitos seguros para navegar na Rede e poidan desenvolver a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros e xogos didácticos.

Resumo e xustificación:
Hoxe en día estímase que o 43% dos postos de traballo actuais desaparecerán e que todos os traballadores requirirán de competencias en novas tecnoloxías. É necesario polo tanto que os nosos mozos e mozas estean PREPARADOS!!!!. O proxecto que presentamos pretende fomentar nos máis novos o desenrolo de habilidades cognitivas, pensamento crítico, concentración, aprendizaxe continuo, creatividade, concienciación ecolóxica e coñecementos sobre novas tecnoloxías. A intención desta xornada é que cada mozo que asista poida descubrir o sentimento de facer e crear cousas que temos canto máis novos somos. Quen os participantes o chegar as súa vivendas queran investigar máis sobre os temas nos que os iniciamos. A máis disto, pretendemos que o coñecemento que usou para crealo o comparta coa sociedade, e igual que el valeuse da investigación doutras persoas para levar a cabo a súa idea, outras persoas poidan valerse do seu. As actividades das xornadas de divulgación tecnolóxica serán a iniciación a programación (orientada a robótica) e a electrónica (arduino, makey makey). Iniciaremos os participantes en cada unha destas materias e enxertaremos neles a curiosidade para seguir profundizando nelas.

Tomando coma base as especificacións do método ABP (Aprendizaxe baseada en Proxectos) pretendemos iniciar o participante nas materias realizando un proxecto sinxelo que ten comezo e final, evitando así o sentimento de frustración que pode xurdir nos máis novos a hora de non ver rematado o proposto. As Actividades son: Programación orientada a Robótica, Makey Makey e O Camiño

2017 10 obradoiro robotica cAs dúas actividades realizaranse simultaneamente:

  • 1_"Rapaciñ@s: obradoiro de Robótica para cativos"
    • Data: Sábado 28 de Outubro
    • Horario: 10:00 a 14:00 horas
    • Lugar: Aula CeMIT de Celanova
    • Destinatarios: Cativos
  • 2_"Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura"
    • Data: Sábado 28 de Outubro
    • Horario: 11:00 a 13:00 horas
    • Lugar: Sala de Arcos do Concello de Celanova
    • Destinatarios: Pais, nais, educadores

Si desexas obter máis información, ou reservar a túa praza podes facelo no email cemit.celanova@xunta.es , no teléfono 988 43 16 04 ou presencialmente na aula CeMIT, Parque das Triguerizas s/n (antigua oficina do Inem), en horario de 10:00 a 13:00 ou de 16:00 a 20:00 horas.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo