Crear PDF Recomendar Imprimir

II Feira do Stock

  • Lugar
    Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo, 20 de agosto de 2017 de 11.00 - 20.00 horas
  • Gústame

2017 08 feira stockPodes mercar de todo... e nun só día

O claustro Barroco do Mosteiro de Celanova e a Praza Maior da vila albergarán a segunda edición da Feira do Stock, evento que contará coa presenza de 19 stands de comercios de diferentes sectores (moda e complementos, calzado, mobles e decoración, deportes, mercería-modista, óptica, vehículos de segunda man...) e na que veciños e visitantes terán a ocasión de mercar produtos de diferentes sectores e de primeiras marcas a un prezo moi reducido, e todo concentrado nun único espazo.

O evento, este ano patrocinado por Alfesán, terá lugar o vindeiro domingo 20 de agosto en horario de 11:00 a 20:00 horas e incluirá unha zona gastronómica, sorteos e animación infantil.

O obxectivo é que a Feira do Stock sexa un escaparate para promocionar a oferta local e a tradición comercial da vila.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo