Crear PDF Recomendar Imprimir

Teatro "Arsénico por Compaixón"

  • Lugar
    AMIC (Auditorio Municipal Ilduara de Celanova)
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo, 18 de decembro ás 18.00 horas
  • Gústame

2016 12 arsenico compaixonpEste domingo 18 de decembro ás 18:00 no Auditorio Municipal Ilduara, a compañía de Teatro Muxicas presenta "Arsénico por compaixón", dirixida por Tito Asorey.

Sinopse: Lucía, unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai anunciar o casamento ás súas tías Adelaida e Úrsula, descobre que agochan un terrible segredo: o emprego do arsénico como medio para “axudar” a pasar a mellor vida a todos aqueles velliños que consideran que están a sufrir de máis nesta vida. Con esta premisa, Teatro Muxicas presenta un divertido e sorprendente vodevil cheo de acción, de confusión e humor negro e que achega o xa clásico texto de Kesselring á realidade galega.

A compañía Teatro Muxicas ten como principal particularidade estar composta na súa maioría por actores cegos ou cunha deficiencia visual grave.

Entrada gratuíta.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo