Crear PDF Recomendar Imprimir

A Biblioteca Municipal de Celanova cambia libros por alimentos

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2016 12 bibliotecaA biblioteca municipal de Celanova levará nos próximos días a cabo unha iniciativa de promoción da lectura baixo o título de “Biblioteca con sabor” coa cal promoverá o intercambio de libros por alimentos, solidarizándose así coas familias que están a pasar por unha situación difícil.

Trátase, pois, dunha “Operación quilo”, na que a Biblioteca Municipal ofrecerá un libro a cambio dun quilo de comida.

Os libros que serán entregados forman parte do patrimonio bibliográfico municipal procedentes xa de diversos actos solidarios realizados por particulares ou entidades que en momentos anteriores procederon á doazón de exemplares ou pequenas coleccións bibliográficas á Biblioteca de Celanova.

Para que o intercambio sexa efectivo, dende a Biblioteca municipal recoméndase que os alimentos que sexan intercambiados polos libros deben ser alimentos non perecedoiros (pasta, aceite, conservas, legumes, fariña, café, arroz, comidas de bebé, etc.).

Todo o material recollido será entregado ó Banco de Alimentos de Celanova para que proceda a súa distribución nas datas do Nadal.

Aquelas persoas que desexen colaborar con esta iniciativa, pode pasar a depositar o seu donativo alimentario nas instalacións da biblioteca na rúa O Cercado, en horario de 10-13 h. // 16-19 h., os días 5, 7 e 9 de decembro, onde lle será entregado o seu respectivo libro por cada quilo de alimentos que entregue.

A actividade contará coa colaboración dos tres centros escolares de Celanova, é dicir, o IES Celos Emilio Ferreiro e os colexios Curros Enríquez e Sagrado Corazón.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo