Entregados os premios de fotografía da Romaría Etnográfica Raigame 2016
A Sala dos Arcos do Concello de Celanova acolleu hoxe o acto de entrega dos premios de fotografía que cada ano se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que como é sabido ten lugar cada 17 de Maio en Vilanova dos Infantes.
A entrega dos premios tivo lugar con motivo da inauguración da exposición fotográfica que tamén se celebra anualmente coincidindo co Outono Fotográfico e que estará na Sala dos Arcos do Concello de Celanova durante o que resta de mes de novembro, baixo o título tradicional coa que se presenta esta mosta "Estampas dunha romaría".
Os premios concedidos foron os seguintes:
- 1º Premio á mellor serie fotográfica (500 €) á ao traballo titulado "Retratos" de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
- 1º Premio á mellor fotografía (300€) ao traballo titulado "Xente de Vilanova 1", de Ana Iglesias, da cidade de Ourense.
- 2º Premio á mellor fotografía (250€) ao traballo titulado "O gaiteiro cortés" de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra.
- 3º Premio á mellor fotografía (200€) ao traballo titulado "Tra-la-festa"de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.
Ademais disto, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas, acordouse conceder dúas mencións especiais ás series:
- "Bailando aos catro ventos", de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense.
- "As raiñas do Raigame", de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.
Así mesmo, tamén acordou conceder accesits as seguintes fotografías que formarán parte da Exposición fotográfica que será organizada no marco do Outono Fotográfico de Ourense:
- "Xente de Vilanova-2", de Ana Iglesias , de Ourense.
- "Con moito mimo", de Manuel Pazos Vázquez, de Marín-Pontevedra
- "Complicidad" e "Secreto compartido", de Susana Baños González, de Ourense.
- "Amancio. O pequeno romero", de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra.
- "A modista", de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense.
- "Moceando", de José López Pérez, de Santiago de Compostela.
- "Gaiteiro", de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo, Pontevedra.
Como xa foi dito, a exposición estará do 1 ao 30 de Novembro no concello de Celanova e do 1 ao 31 de Decembro no CCP Xaquín Lorenzo de Ourense.