Crear PDF Recomendar Imprimir

Os bolechas en Celanova o vindeiro domingo

  • Lugar
    AMIC (Auditorio Municipal Ilduara de Celanova)
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo, 19 de xuño de 2016 ás 18.30 horas
  • Gústame

Cartel Os BolechasEste domingo, o Concello de Celanova e a  Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, organizan unha actividade adicada ós máis cativos da casa:

"Os Bolechas van ás Olimpíadas" este domingo 19 de xuño, ás 18.30h no AMIC (Auditorio Municipal Ilduara)

Función centrada no espírito olímpico e na participación de tódolos cativos. Os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen, terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.
Agardamos contar coa vosa presenza e a de tódolos cativos, para que disfruten desta actividade de dinamización lingüística con estes irmáns, creados polo ilustrador Pepe Carreiro.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo