Crear PDF Recomendar Imprimir

CELANOVA ACOLLE A ENTREGA DOS PREMIOS ALECRÍN 2014 DA FEDERACIÓN DE ENTIDADES GALEGAS EN CATALUÑA E A PRIEMIRA XUNTANZA DE FILLOS DAS TERRAS DE CELANOVA NO EXTERIOR

  • Lugar
    Salón refectorio do Mosteiro de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    12 de agosto de 2014
  • Gústame

Xuntanza celanovenses no exterior bENTREGA DOS PREMIOS “ALECRÍN 2014”

FEDERACIÓN DE ENTIDADES GALEGAS EN CATALUÑA (I Xuntanza de fillos das Terras de Celanova no exterior)

CELANOVA (Salón refectorio do Mosteiro de Celanova) - 12 de agosto de 2014

A Federación de Entidades Galegas en Cataluña celebra a entrega anual dos premios “Alecrín 2014” en Celanova. Con tal motivo, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez convidan a todas aquelas persoas orixinarias de Celanova e residentes no exterior que estes días están gozando as vacacións cos seus familiares, a que participen no xantar de confraternidade que terá lugar esta xornada no antigo refectorio (comedor) do Mosteiro de San Rosendo, co fin de que este acto dos galegos residentes en Cataluña sirva para consolidar unha xornada anual de convivencia entre tódolos celanovenses residentes en calquera lugar do mundo.

Está prevista a asistencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dun representante da Deputación provincial.

PROGRAMA:

12,00: Recepción e visita guiada por Celanova e Vilanova

14,00: Xantar no antigo refectorio do Mosteiro de Celanova

Menú:

  • Xamón ó corte
  • Empanada galega
  • Pulpo á feira
  • Carne ó caldeiro
  • Bica con licores
  • Auga, viño tinto, cervexa e café

Prezo: 25 €

Reservas para os membros de FEGALCAT: 653.945.788

Venta de vales-xantar para participantes de Celanova e outros:

  • Casa dos Poetas
  • Oficina de Turismo de Celanova

Abono na conta da Fundación Curros Enríquez (Concepto: Xuntanza emigrantes)

ES13 2080 5292 8330 4003 4277 (Abanca)

17,00: Entrega dos premios Alecrín 2014 da Federación de Entidades Galegas en Cataluña

  • Fundación Curros Enríquez
  • Artes escénicas: Moncho Borrajo
  • Artes plásticas: Manuel Outumuo
  • Música: Banda de Música Municipal de Celanova
  • Letras: Xosé Luís Franco Grande
  • Medalla de Ouro do Centro Galego de Barcelona: Margarita Ledo Andión

Actuacións:

  • Isabel e Amelia
  • María do Ceo

18,30: Visita á Casa dos Poetas

24,00: Actuación da Orquestra Olympus (Praza Maior)

PARTICIPAN:

  • Escola de Gaitas “Toxos e xestas”
  • Asociación Cultural “Cova da Serpe”
  • Irmandade “A nosa Galiza” de Mollet
  • ACG Alborada – La Llagosta
  • Centro Galego de Tarragona
  • Irmandade Galega “O Botafumeiro”
  • Centro Galego de Barcelona
  • Federación de Entidades Galegas en Cataluña

COLABORAN:

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo