Crear PDF Recomendar Imprimir

Recital poético e musical Onde o Mundo se Chama Celanova

  • Lugar
    Mosteiro de San Salvador do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Luns 16 de xullo ás 20.00 horas
  • Gústame

recital_poetico_musicalO Mosteiro de Celanova acolle o luns, día 16 de xullo, un recital poético-musical titulado "Onde o mundo se chama Celanova. De Curros a Celso Emilio, no centenario de Celso Emilio Ferreiro".

Actuará no recital a compañía lírica Ofelia Nieto, baixo a dirección artística do barítono Antón de Santiago e coa soprano Patricia Morchón que, acompañados polo grupo instrumental Cítola -Ángel Lozano (violín), Rosalía Vázquez (violonchelo) e Ramón Carnota (guitarra) interpretarán composicións de autores galegos, como Juan Montes, Xosé Castro Chané, Juan Durán ou o propio Antón de Santiago, inspiradas nalgunhas das máis destacadas figuras da literatura galega, como por exemplo Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Ramiro Fonte, Celso Emilio Ferreiro e Miguel Anxo Fernán-Vello.

Antón de Santiago, director da Compañía Lírica Ofelia Nieto, é tamén o autor do guión deste evento.

O acto está previsto para as 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

 

 

recital_poetico_musical_2

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo