Crear PDF Recomendar Imprimir

Presentación do curso de verán da Universidade Menéndez Pelayo “Celso Emilio Ferreiro: ética e poética”

  • Lugar
    Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación Provincial
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Martes, 3 de xullo de 2012 ás 12.00 horas
  • Gústame

Presentación do curso de verán da Universidade Menéndez Pelayo “Celso Emilio Ferreiro: ética e poética”.

O acto contará coa presencia director da UIMP en galicia, xosé luis barreiro, o director do curso, José María Páz Gago e o Alcalde de Celanova, Antonio Mouriño.

Dentro do diverso conxunto de actos e iniciativas que ó longo do ano se están celebrando para conmemorarar o I Centenario do nacemento do poeta celanovés, Celso Emilio Ferreiro, a sede galega da Universidade Menéndez Pelayo programou este curso dirixido polo tamén celanovés, José María Paz Gago, catedrático de Teoría da Literatura na Universidade da Coruña.

Este encontró trata de lembrar e reivindicar a figura humana e a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro, un dos escritores máis destacados da literatura galega contemporánea e un dos poetas sociais máis relevantes das letras hispánicas.

O obxectivo do mesmo é o de abordar a súa ética vital, sobre a que se proxectaron algunhas sombras malintencionadas malia súa humanidade e personalidade sempre comprometidas coa liberdade e a xustiza, e a súa xenial creación poética de signo eminentemente civil e social, á luz da súa complexa biografía e da súa extensa e valiosa obra lírica, que amosa un moi destacable compoñente metapoético.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo