Crear PDF Recomendar Imprimir

Sinatura convenio de cesión de cadros de San Rosendo para exposición permamente na torre das campás do Concello de Celanova

  • Lugar
    Torre das Campás do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    19 de abril ás 11.00 horas
  • Gústame

campasO xoves día 19 de abril ás 11 horas terá lugar a firma do convenio entre o Alcalde de Celanova e o pintor José Antonio Ocaña co gallo de ter unha exposición permanente de pintura na Torre das Campás de Celanova.

A firma terá lugar no propio campanario, que será incorporado ó itinerario de visitas guiadas ó mosteiro no momento en que rematen as obras de restauración e sexan instaladas as pinturas de José Antonio Ocaña.

O alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, e o pintor José Antonio Ocaña procederán á sinatura dun convenio de cesión-recepción dunha vintena de obras de gran formato alegóricas á biografía de San Rosendo, que pasarán a formar parte dunha exposición permanente que será visitable nos espacios que están sendo habilitados na Torre das Campás do Mosteiro de San Rosendo de Celanova, de forma que este itinerario será incorporado ás visitas guiadas ó Mosteiro.

O acto realizarase no alto do campanario co fin de dar a coñecer ós medios de comunicación este novo itinerario, que será visitable para o público en xeral no momento en que sexan rematadas as obras de restauración da Torre.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo