Previsión informativa

  • Curso de Primeiros Auxilios de TesGalicia

    O vindeiro 23 de setembro de 2017 terá lugar en Celanova a impartición dun curso de Primeiros Auxilios por parte de TesGalicia. O prezo da inscrición é de 70 € a través de www.tesgalicia.info. O horario é de 10-12 e de 16-20 horas. Data límite de inscrición o 19 de setembro.

  • Cinema no Claustro Barroco: Maimino

    Proxección da película infantil: "Maimiño e o espello máxico" Sábado 19 de agosto 22:00h no Claustro Barroco

  • II Feira do Stock

    Podes mercar de todo... e nun só día O claustro Barroco do Mosteiro de Celanova e a Praza Maior da vila albergarán a segunda edición da Feira do Stock, evento que contará coa presenza de 19 stands de comercios de diferentes sectores (moda e complementos, calzado, mobles e decoración, deportes, mercería-modista, óptica, vehículos de segunda man...) e na que veciños e visitantes terán a ocasión de ...

  • Feira tecnolóxia 4.0 en Celanova

    O vindeiro mércores 9 de agosto terá lugar na Praza Maior do Concello de Celanova unha feira tecnolóxica que tratará de poñer en valora a programación, a robótica e a impresión 3D no marco das profesións do futuro. Recomendado para rapaz@s de 8 a 16 anos.

  • Ludoteca Móbil 2017: Vive a aventura

    O vindeiro martes 08 de agosto terá lugar a "Ludoteca Móbil 2017: Vive a aventura" 10:30h -- "Xacinto e a máquina do tempo" Obra de teatro infantil 11:30h -- Inchables, eliminator, tabóa de surf e taller de tattoo 12:30h -- Festa da escuma Lugar: Praza Maior Entrada gratuíta

  • Bases para a participación na Ramallosa 2017

    Descarga das bases de participación na Ramallosa 2017.

  • Celanova Summer Camp

    Celanova Summer CampCampamento de inglés para nenos de 6 a 12 anos. ¿Queres que os teus nenos aprendan inglés dunha forma divertida e poñan en práctica o aprendido con diversas actividades?Xogos, deporte, actividades de exterior, taller de periodismo, proxección de películas,... e todo en inglés.Información: Iberlingua Idiomas: 988 431236 Concello de Celanova: 988 431481

  • Obradoiro creativo na Biblioteca Municipal do Concello de Celanova

    A ESCENA CONTOS!: A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é exactamente o que faremos. Imos crear un espectáculo audiovisual a partir dun conto: crearemos as personaxes, a escenografía, a música, e o mellor de todo, teremos público! Aprenderemos a preparar unha contada e logo poderemos repetir a experiencia cando, como e onde queiramos, só precisamos dúas ferramentas: a nosa creati...

Páxina 1 de 20

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo